A Costa do Solpor de Lema Suárez lidera o top-10 das obras narrativas galegas do 2013

08:25 27/01/14

O crítico Ramón Nicolás vén de publicar na revista Biblios. Clube de Lectores unha listaxe co seu Top 10 das mellores novelas do ano 2013. Entre elas, atopamos unha que nos soa moito.
“Costa do Solpor”, de Xosé María Lema Suárez aparece no primeiro posto. A primeira novela do investigador e historiador costeiro reafírmase así como unha revelación do mundo literario galego.
Así define o crítico ao autor soneirán: Un autor que se incorpora serodiamente ao campo da narrativa galega e que o fai con extraordinaria competencia e, manexando unha oceánica documentación, devolve o gusto pola narrativa de aventuras.
Así que dende aquí só podemos enviarlle os nosos meirandes parabéns ao noso colaborador.
Novas relacionadas
- Xosé María Lema Suárez leva a súa Costa do Solpor por primeira vez ao seu escenario.
- Artigos de XM Lema Suárez en QPC.
- Xosé María Lema trouxos os piratas de volta a casa.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).