Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lema Suárez, Premio da Crítica de Creación Literaria

Lema Suárez, Premio da Crítica de Creación Literaria
Lema Suarez e Lois Patino entre os Premiados da Critica Galicia

Soble premio con D.O. Costa da Morte nos XXXVII Premios da Crítica Galicia 2014. Lema Suárez levou o premio de narrativa, mentres que a "Costa da Morte" de Lois Patiño recibiu o galardón audiovisual dos críticos galegos.

Lema Suárez e a súa Costa do Solpor

Lema Suarez-Fotos-Santi Diaz

Xosé Mª Lema recibíu esta fin de semaan o Premio da Crítica de Creación Literaria coa súa novela Costa do Solpor. Os XXXVII Premios da Crítica Galicia 2014 premian así ao presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, membro de ProLingua e colaborador desta casa. E falou ben Lema Suárez recollendo o premio, pedindo a volta ao consenso e o cumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

O xurado salientou que “a obra gañadora asume diversos modelos narrtaivos cunha ampla documentación histórica e un rexistro lingüístico rico, poñendo en valor os territorios literarios vinculados co mar”.

O Premio foi escollido polo xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Xabier Cordal Fustes, escritor, gañador da edición anterior; Ramón Nicolás Rodríguez, crítico, membro sección crítica AELG; Mercedes Queixas Zas, escritora, secretaria AELG; Carme Ferreira Boo, profesora da UDV, membro da Asociación de Investigación ELOS; Rexina Rodríguez Vega, escritora, profesora UDV; Modesto Hermida García, crítico e ex-profesor da USC e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia. O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (Galaxia) e Matarte lentamente de Diego Ameixeiras (Xerais).

“Costa da morte” de Lois Patiño, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais

O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Marta Pazos Antas, directora de escena e actriz, gañadora edición anterior; Alfonso Pato, director do festival de Cans; Damián Villalaín, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Paula Carballeira Cabana, escritora e actriz; Roi Vidal Ponte, dramaturgo e director de escena, Roberto Pascual Rodríguez, director da MIT Ribadavia e profesor na ESAD de Galicia e María do Cebreiro Rábade, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Costa da Morte de Lois Patiño, As do peixe de Abrapalabra creacións escénicas e Eurozone de Chévere. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio á película Costa da morte de Lois Patiño.

O xurado salientou “a capacidade do filme para abrir unha liña estética non convencional e un punto de inflexión no cine galego e na revisión do diálogo entre cine e paisaxe, así como na internacionalización do sector e na renovación dos modelos tradicionais de produción, distribución e exhibición”. O xurado expresou, ademais, que “debido á fecundidade dos ámbitos escénicos e audiovisual e á dificultade para equiparar obras de natureza tan distinta, recomenda a creación de dúas seccións diferenciadas en posteriores edicións destes premios”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios