Sábado. 21.09.2019
El tiempo

A Feira Náutica de Camariñas protagoniza un gran crecemento na súa segunda edición

A Feira Náutica de Camariñas protagoniza un gran crecemento na súa segunda edición
fenaucam Camarinas 2018 Imaxe da Feira Náutica de Camariñas Pasaron tres días de vertixe náutica en Camariñas. A II Feira Náutica (FENAUCAM), organizada polo Club Náutico da vila do Encaixe, deu un gran paso, afianzando a súa presencia como gran foco de atracción á Costa da Morte de centos de persoas relacionadas co mundo do mar. Unha cita que serve de inmellorable promoción da Costa da Morte e mesmo de Galicia como destino náutico e portuario. Así o confirma algún ilustre asistente como o noso colaborador José Manuel Ojén, que sinala que "a día de hoxe, esta feira non é só un referente na Costa dá Morte si non que xa o é a nivel de Galicia e as súas posibilidades de expansión son ilimitadas si recibe a axuda correspondente". O Club organizador fai unha lectura "moi positiva, tanto en número de visitantes, superando os 3.500, e tendo en conta que o sábado foi un día atípico pola asfixiante calor existente". José María Olveira destaca que "son datos moi ilusionantes para as próximas edicións", despois de duplicar a súa presencia de expositores Unha das boas novas cos que rematou a feira é todas as empresas participantes aseguraron á organización que repiten o ano que vén, e no caso dos asteleiros con máis embarcacións, como é o caso da empresa francesa Brig Mad tamén se comprometeu á estar na terceira edición e coa posibilidade de atopar máis empresas francesas que a acompañen. É importante facer notar que tanto das empresas participantes como das entidades colaboradoras nesta II Feira Náutica, destacaron a gran calidade do evento, tanto no seu deseño da estructura das seccións no interior da carpa como na súa programación e os contidos das exposicións. Tamén as entidades e organismos públicos se sorprenderon gratamente do cuidado e esmero co que está organizada esta Feira. Por elo, a organización ten claro que a superficie que acolla a 3ª edición será moi superior a deste ano e ademais con importantes novidades en canto a actividades de todo tipo. Unha Fenaucam 2019 que será seguramente os días 14, 15 e 16 de xuño, e onde terá gran relevancia a participación dos colexios da Costa da Morte. Entre as novidades que se descubriron, unha das destacadas é coñecer que o Club Náutico de Camariñas será a primeira embaixada da Fundación Titánic. Entre as presenzas máis destacadas, algúns asistentes apuntan á  da Armada Española, o Concello de Laxe co seu Naufraxio, a Real Liga Naval Española, produtos de alimentación da terra e outros moitos. Houbo ademais  espazos para embarcacións, motonáutica, equipaciones e accesorios, astilleros, desguaces e talleres, turismo náutico, buceo, pesca recreativa, seguridade marítima, electrónica mariña e roupa náutica, entre outros. E as conferencias realizadas son dun elevadisimo nivel e gozan da atención e interese dos asistentes. Destaca foi a presencia de escritores da talla de Rafael Lema, Juan Campos Calvo Sotelo, Xosé Iglesias, Natalia Lema... ou persoeiros do mundo do mar como Pepe de Oleghario que tampouco fallaron á cita mariñeira. Feira Nautica de Camarinas Escritores e homes de mar como Pepe de Oleghario estiveron na cita náutica

Mesa redonda da CMAT

Mesa Redonda da CMAT na Feunacam Mesa Redonda da CMAT na Feunacam
Tamén tivo lugar unha a mesa redonda por parte da CMAT na que se debatiron os plans de desenrolo do xeodestino para os vindeiros meses e se adiantou por parte da secretaria técnica os distintos plans formativos para os vindeiros meses. Nesta mesa estiveron presentes distintos axentes, entre eles: o presidente da CMAT, Juan José Blanco, Pablo Canosa, presidente de APTCM, Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, José Antonio Vila, Xosé Olveira, secretario do Clube Naútico de Camariñas, o xerente do GDR Costa da Morte e o seu análogo no GALP Guillermo Guillermo González; todos eles moderados por Eugenia Juncal, secretaria técnica da CMAT. Os representantes de Buceo Fisterra e Buceo Malpica presentaron a súa oferta turística que lles da presencia dentro do programa de Turismo mergullo que oferta Turismo de Galicia: WAOH! Route e que atraerá un mercado en crecemento, especialmente no campo internacional que conta co apoio financieiro da Unión Europea.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-cn-de-camarinas-valora-o-exito-da-i-feira-nautica-e-xa-ten-data-para-a-cita-2018/

Comentarios