Camariñas homenaxea aos náufragos da Costa da Morte no 126 aniversario do afundimento do Serpent

Mañá, a partir das nove da noite, unha serie de actos que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses - en Punta do Boi - de Camariñas servirán para homenaxear aos náufragos da Costa da Morte. A conmemoración do afundimento do torpedero da Royal Navy “Serpent” este servirá non só para recordar aos falecidos neste naufraxio provocado por un erro de navegación, senon para ter no recordo a todos os que perderon a vida neste bravo mar. Os actos organizados polo concello e coa colaboración e participàción da Real Liga Naval Española, consistirán nunha ofrenda floral e a representación teatral Historias Mariñeiras da Costa da Morte a cargo de Dequenquén Teatro. Aos actos asistirán representantes da Real Liga Naval Española - RLNE -; o alcalde de Camariñas - Manuel Valeriano Alonso de Leon -; o concelleiro Sergio Caamaño. Tamén asistiran RAfel Lema, delegado da RLNE na Costa da Morte, e Juan Campos Calvo-Sotelo, fundador destes actos de homenaxe. Este tráxico suceso supuso o falecemento de 172 dos 175 tripulantes do buque inglés provocado por un erro de navegación nunha xornada de escasa visibilidade. Casualmente os tres únicos supervivintes levaban posto o chaleco salvavidas, inusual como proba o feito de que tan só contaban con 25 unidades no buque. A lección aprendida pola armada inglesa con esta traxedia, levounos a incorporar o chaleco para toda a tripulación.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Concello de Camariñas