Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent

A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent
Homenaxe ao Serpent 2013-Foto-Jose Manuel Pato

Hoxe, 10 de novembro, cúmprense 124 anos do naufraxio do Serpent en augas de Camariñas. Un evento que recorda a Costa da Morte dende o 2008, cunhas sentidas homenaxes, no mesmo Cemiterio dos Ingleses, ás 22:30h, hora do fatídico accidente. Hoxe, unha comitiva da Real Liga Naval Española na Costa da Morte comandada por Rafael Lema e José Manuel Pato González, co coro municipal de mulleres de Camariñas, tamén celebrará o evento, e baixo a noite escura, rendirá uns minutos aos 172 tripulantes británicos do HMS Serpent que pereceron trágicamente durante o naufragio na costa galega en 1890.

E precisamente hoxe comparte con nós o propio Rafael Lema, a carta que recibiu do embaixador británico en España, Simon J. Manley, para agradecerlles a invitación e felicitalos polo acto de homenaxe aos náufragos do crucero torpedero inglés HMS Serpent que un ano mais ambas entidades levarán a cabo no Cemiterio dous Ingleses en Punta do Boi. Xosé Manuel Barros, responsable da asociación “Mar de fábula”, unha entidade colaboradora no acto e que levou a cabo a limpeza da necrópolis, foi o encargado de dirixirse á embaixada. A súa entidade xa recibira fai un mes o agradecimiento do embaixador por esta pasada actuación onde contaron coa colaboración da RLNE e outros colectivos.

Na resposta ao Concello e á RLNE o embaixador lamenta non poder acodir, e expón que “como embaixador do Reino Unido e representante do meu país, séntome profundamente honrado con estes actos de homenaxe que celebran anualmente a asociación Mar de fábula, a Real Liga Naval Española e o Concello de Camariñas”. O embaixador recalca que lle “gustaría igualmente aproveitar esta oportunidade para agradecerlles enormemente os traballos de limpeza e dignificación que están levando a cabo tanto a súa asociación como voluntarios e veciños de Camariñas no Cemiterio dos Ingleses”. O representante da embaixada comunicou que este ano por problemas de axenda non poderá estar no acto nin tampouco os responsables consulares en Galicia pero o embaixador espera que o ano próximo “a Embaixada Británica poida estar debidamente representada para acudir a esta memorable cita”.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios