Camariñas homenaxea aos náufragos da Costa da Morte no 126 aniversario do afundimento do Serpent
07:12 09/11/16
Mañá, a partir das nove da noite, unha serie de actos que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses - en Punta do Boi - de Camariñas servirán para homenaxear aos náufragos da Costa da Morte. A conmemoración do afundimento do torpedero da Royal Navy “Serpent” este servirá non só para recordar aos falecidos neste naufraxio provocado por un erro de navegación, senon para ter no recordo a todos os que perderon a vida neste bravo mar.
Os actos organizados polo concello e coa colaboración e participàción da Real Liga Naval Española, consistirán nunha ofrenda floral e a representación teatral Historias Mariñeiras da Costa da Morte a cargo de Dequenquén Teatro. Aos actos asistirán representantes da Real Liga Naval Española - RLNE -; o alcalde de Camariñas - Manuel Valeriano Alonso de Leon -; o concelleiro Sergio Caamaño. Tamén asistiran RAfel Lema, delegado da RLNE na Costa da Morte, e Juan Campos Calvo-Sotelo, fundador destes actos de homenaxe.
Este tráxico suceso supuso o falecemento de 172 dos 175 tripulantes do buque inglés provocado por un erro de navegación nunha xornada de escasa visibilidade. Casualmente os tres únicos supervivintes levaban posto o chaleco salvavidas, inusual como proba o feito de que tan só contaban con 25 unidades no buque. A lección aprendida pola armada inglesa con esta traxedia, levounos a incorporar o chaleco para toda a tripulación.
Novas relacionadas
- A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2013: Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2012: Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2011: Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2008: O Cemiterio dos Ingleses acolleu unha romántica homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2007: O pasado 10 de novembro celebrábase o 117 aniversario do naufraxio do Serpent.
Máis novas
- 01-11-16: As vítimas do Serpent volverán recibir a súa singular e emotiva homenaxe
- Outubro 2016: Camelle recupera o sentir dos náufragos e homenaxea a Baña Heim.
- Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte.
- A RLE pide unha rúa para Baña Heim na súa Camelle natal.
- Fernando Patricio Cortizo recupera os Naufraxios galegos do século XIX.
- Malpica lembrou cun libro o 125 cabodano do naufraxio do Priam.
- Malpica recupera un regalo de Nadal de 1889.
- De pecios ou tesouros submariños.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Camariñas