Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos

Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos
Accidente en Berdoias-Foto-Laura Melisa Accidente en Berdoias-Foto-Laura Melisa

Esta pasada noite de domingo 21 de maio rexistrábase un novo accidente no cruce de Berdoias, na AC-552, o segundo que se produce neste punto no mes de maio. Eran as 21:30h aproximadamente cando dous vehículos colisionaban quedando dúas persoas feridas, tendo que se trasladados polo 061.

Bombeiros de Cee e Garda Civil de Tráfico ordearon a zona e procederon á limpeza da estrada, quedando reaberta á media noite.

Accidente tamén en Mazaricos

Ás 07:00 horas desta mañá de luns, dábase outro accidente, que se saldaba cun condutor ferido despois de envorcar co seu vehículo en Beba, na estrada que une Suevos e A Picota, Mazaricos. Tras recibir o aviso e ante posibilidade de que o condutor puidese estar atrapado no interior do turismo, o 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Santa Comba e ao GES de Muros. Tamén, pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.
Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ao punto confirmaron que o ferido puido ser evacuado polo persoal sanitario, sen ser preciso o uso do material de excarceración.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios