Egueire convoca xa a súa tradicional Festa Africana
Despois de seguir sumando recadacións para as súas accións en Costa de Marfil na XI Gala do Fútbol da Costa-QPC, a familia de Egueire ONG continúa traballando para levar axuda ao sur do planeta. Un ano máis, celebra o XVI Festival Africano o 4 de xullo no recinto feiral da Picota en Mazaricos.
Unha xornada que marida música en directo, cun xantar típico africano, a artesanía marfileña e unha marea de solidariedade.
Para participar, podes facer un ingreso de 25€ na conta bancaria da ONG, indicando o teu nome e o número de convidados. Como alternativa, podes contactar cun membro da xunta directiva, facilitando o teu nome e o número de asistentes, para pagar na porta o día do festival.
Quen desexe contribuír pero non poida asistir pode facelo a través da Mesa 0, facendo unha doazón á conta bancaria da asociación ou a través de Bizum.
- Número de conta da ONG Egueire: ABANCA ES35 2080 0313 9030 4000 5650.
- Bizum (seleccionar Hacer donativo): 02207 Asociación Egueire.