A Gala do Fútbol da Costa-QPC volverá axudar a construír un comedor escolar en Costa de Marfil
O vindeiro venres 12 de xuño, o Fútbol da Costa volverá reunirse para celebrar o fin de curso. A XI Gala do Fútbol da Costa-QPC celebrarase en Muros, e volverá ter un aliciente solidario, mantendo viva a colaboración internacional que o diario está a realizar este ano coa ONG Egueire.
Como xa fixemos no Torneo Solidario do Nadal, a Gala servirá para recaudar cartos para a construción dun comedor escolar na pequena vila de Ebunou, no sur do país africano.
3 plans de accións de Egueire en Costa de Marfil
Así o explicaba na presentación da Gala Xosé Manuel Pensado, membro da ONG Egueire. Unha ONG que leva traballando na comarca dende 2008, con moi boa acollida na zona da Costa da Morte (está radicada en Mazaricos, onde fai cada ano a súa gran Festa Africana), recadando cartos e axudando no desenvolvemento de Costa de Marfil.
A entidade ten abertas tres filóns no país africano:
- O Sanitario, pois crearon en 2014 unha maternidade que agora manteñen axudando a milleiros de nais a ter fillos nun espazo de seguridade; e ademais abastecen a outros centros de saúde do país;
- O económico: cun plan de microcréditos e sesións formativas, de asesoramento e de seguemento para a creación de cooperativas de mulleres, de todo tipo.
- E o educativo, onde crean, restaurante e coidan novas escolas.
É precisamente aí, na creación dun comedor escolar, na vila costeira de Ebunou, a onde irán a parar os cartos
Sorteos
Para recadar cartos, venderemos rifas para realizar diferentes sorteos, entre eles unhas camisetas dos clubs da Costa que consegue ASFACOS, e da que xa falaremos, pero tamén uns detalles de artesanía africana doados pola propia Egueire.
A Fila 0, sempre aberta
En calquera caso, podedes facer doazóns para o proxecto enviando a vosa aportación ás contas de Egueire, sinalando no concepto, ”nome do doante + QPC”. Estas son as canles:
- Un bizum co código 02207 ou
- Unha transferencia ES35 2080 0313 9030 4000 5650.




