xoves. 01.01.2026
El tiempo

Un 2026 da Costa da Morte a Costa de Marfil

XOGANDO AO FUTBOL EN EBUNOU
Varios nenos xogando en Ebunou
Un 2026 da Costa da Morte a Costa de Marfil

Ábrese este 2026 unha fermosa oportunidade para a familia de Quepasanacosta. Unha fiestra para poder levar algo de axuda a outras partes do planeta, unindo dúas costas singulares a través da solidariedade: Costa da Morte e Costa de Marfil.

O Torneo Solidario do Fútbol da Costa - QPC celebrado en Vimianzo o pasado domingo, serviu para recadar 1150€ para a ONG Egueire, radicada dende hai 15 anos en Galicia, e cunha base asentada en Mazaricos. Unha entidade que leva facendo proxectos de desenvolvemento local na terra do seu presidente, Desiré Kaoukou, como a tan necesaria maternidade de N'Guessankro ou o proxecto de esparcimento agropecuario. 

O evento volve demostrar a nosa intención de aproveitar o poder social do Fútbol da Costa para realizar accións solidarias. Temos aproveitado o tirón do Combinado da Costa-QPC que sae das galas para axudar a entidades como ASFEGA de Enfermidades Metabólicas, a Asoc. Paseniño, Asoc. Galega de Ataxias, Mi Princesa Rett, a Cruz Vermella Cee, ou a Cruz Vermella de Vimianzo

Este ano saltamos o mediterráneo e o deserto do Sáhara para unirnos ao proxecto que está realizando Eguire, de acondicionar unha escola en Ebunou, unha pequena vila do sur de Costa de Marfil. Ao longo deste 2026 realizaremos diversos eventos para conseguir fondos para crear un comedor escolar, que permite que as crianzas poidan quedar no cole e non teñan que ir a casa no descanso do mediodía.

I é que ben coñecemeos na nosa Costa da Morte os problemas da dispersión que tamén sofre esta zona do sur do país africano, e moitas crianzas van ao cole, a pé, dende distancias de 4km, o que provoca que en moitas ocasións as crianzas vaian a casa a comer e non volvan pola tarde ao cole. 

XOGANDO AO FUTBOL EN EBUNOU
Así está a escola de Ebunou

Como colaborar

Podedes facer doazóns para o proxecto enviando a vosa aportación ás contas de Egueire, sinalando no concepto, "nome do doante + QPC”.

Estas son as canles:

  • Un bizum co código 02207.
  • Unha transferencia ES35 2080 0313 9030 4000 5650.

Máis novas de Egueire

 

Comentarios