Iria Quintáns volve representar á Costa nos Recantos do Luar

Así a vimos cantar o mes pasado no Luar da TVG. E este venres 20 de decembro de 2013 volveremos a esta mazaricá no escenario do programa emblema da televisión galega, participando no concurso Recantos, e representando a Costa da Morte.

Iria Quintáns París volve ao Luar, e o fai para pasar á seguinte fase. Pero para iso necesita o noso apoio, e poderemos chamar ata 5 veces cando saia o seu número en pantalla para emitir votos e votos. E se nos guiamos polos aplausos que lle adica o público e mesmo SuperPiñeiro, Iria promete!

Iria é unha veterana do escenario, e non hai máis que vela na tele. Xa a temos visto polas festas parroquiais coa orquestra Olympus, e dende logo, ten a Gayoso encandilado coa súa naturalidade.

Esta noite de venres estaremos con ela, votando e votando para que a nosa veciña pase á seguinte fase e teñamos á Costa da Morte representada na final. Atentos, ademais, que se pasa, aparecerá unha reportaxe da mazaricá na Fervenza do Ézaro!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).