Xoves. 28.03.2024
El tiempo

"As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo"

"As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo"
"Carballo foi a maceta onde se sementou a primeira semente do que é Mucha e Nucha". Así define Xosé Touriñán a súa relación con Bergantiños. I é que tanto Touriñán como Marcos Pereiro, son da zona de Carral, pero moitas das súas primeiras actuacións foron na comarca bergantiñá. Lembra Toutiñán nesta entrevista que lle fai o FIOT, que "Carballo foi o xerme do Touriñán artístico". E lembra aquelas primeiras Rúas dos Contos, onde xa estaba un persoeiro que precisamente trouxo este ano de novo, "Manolo Logho", o que se meteu "na FP en carpintería porque disque se aprende a lighar"... Foi máis aló Touriñán e recoñeceu que as Micha e Nucha, moi ao principio eran "As Cantareiras de Verdillo". "Foi a nai de Marcos dixo as "Cantareiras de Verdillo". Nós non coñecíamos Verdillo, e nesas primeiras actuacións eramos dalá. Pero un día nunha actuación na Rúa dos Contos de Carballo, ao rematar chegaron unhas señoras que dicían que eran das verdadeiras Cantareiras de Verdillo e ata nos dixeron que nos metían nos abogados. Resulta que eran dous traballadores do Concello facéndonos unha broma, i é que Carballo é terra de teatreiros, pero ao final decidimos trasladarnos ata o imaxinario Ardebullo". Unhas Mucha e Nucha que naceron froito da casualidade e do talento de dous máquinas, que como nos contaban hai un par de semanas no Couto, xa teñen agora a súa propia produtora, Aira Pro. Precisamente aló lembraron que Mucha e Nucha xa levaban 300 actuacións (moitas veces perdendo cartos) por todo o país ata que chegou a chamada de Gayoso…

Miguel de Lira tamén no FIOT

E aproveitamos para traer a entrevista que a organización do FIOT lle fixo a Miguel de Lira, un dos cofundadores do Grupo Chévere, que fai memoria e cóntanos as súas primeiras visitas ao FIOT ao tempo que valora a evolución do programa do Festival nestes 22 anos de historia. O liracho louba ao que considera "un dos 3 primeiros festivais de Teatro de Galicia" que ademais, "a día de hoxe, ca Rúa dos Contos, é como se tiveras 2 festivais nun".

Novas relacionadas

Fonte

Xose Tourinan falando para o FIOT sobre Bergantinos

Comentarios