Iria Quintáns, de Mazaricos ao Luar

16:00 07/11/13

Mañá, 8 de novembro, toda a Costa da Morte xa se pode poñer a chamar ao Luar para votar a esta rapaza de Mazaricos. Iria Quintáns París representará á Costa da Morte no mítico programa da TVG. Así, teremos que estar atentos ao número que sae en pantalla para chamar, alomenos, 5 veces!
Non é nova sobre os escenarios Iria, pois xa a temos visto polas festas parroquiais enriba do escenario da orquestra Olympus, unha das máis potentes do país. Así que seguro que disfrutamos ca súa impresionante voz.
Pero non é a primeira voz costeira que escoitaremos acompañando a Gayoso. Xa temos visto a Alba Caamaño ou a tamén mazaricá Iria Bermúdez, coa que tivemos unha interesante conversa.
Novas relacionadas
- “As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo”.
- A Costa da Morte invade a tele.
- Unhas preguntas con Iria Bermúdez, a cantante de Mazaricos que esta noite asalta o Luar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).