Mazaricos acollerá o 10 de maio a IX edición da súa Carreira Pedestre, integrada no Circuito Correndo pola Costa

Segue avanzando o circuíto Correndo pola Costa da Morte, e xa pensa na súa vindeira cita. O Concello de Mazaricos celebrará o vindeiro 10 de maio de 2026 a IX edición da súa Carreira Pedestre.
A xornada deportiva contará cun amplo programa de probas adaptadas a todas as idades, combinando competición e participación nun evento que promove a actividade física, a convivencia e a dinamización social do municipio.

A carreira absoluta “Contra o cancro” de 3 quilómetros dará comezo ás 10:30 horas, mentres que ás 11:00 horas terá lugar a proba de 10K, unha das máis destacadas do programa.

As categorías base desenvolveranse ao longo da mañá, con saídas programadas ás 12:15 horas (Sub 12), 12:30 horas (Sub 10) e 12:45 horas (Pitufos), garantindo así a participación da cativada nun ambiente seguro e festivo.

A organización abrirá a mesa para a recollida de dorsais ás 9:00 horas, e a xornada culminará coa entrega de premios prevista para as 13:00 horas.

As inscricións teñen un custo de 8 euros, aos que se suma 1 euro correspondente ao chip de cronometraxe, mentres que as categorías base poderán participar de xeito totalmente gratuíto. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de maio ás 23:59 a través da plataforma CCNorte.

 

.