mércores. 29.04.2026
El tiempo

O Circuito Correndo pola Costa da Morte arrincou a súa 11ª edición en Camariñas

Carreira Correndo pola Costa da Morte en Camarinas polo 8M
Comezo da Carreira Correndo pola Costa da Morte en Camariñas co cartel do 8M
O Circuito Correndo pola Costa da Morte arrincou a súa 11ª edición en Camariñas

Púxose en marcha esta fin de semana en Camariñas a 11ª edición do prestixioso Circuíto Correndo pola Costa da Morte. Unha iniciativa pioneira, exemplar en materia de colaboración municipal, que une a comarca a través do deporte. Porque o que conseguiron crear os técnicos municipais da comarca é espectacular. Facer dun circuito de carreiras un verdadeiro foco de atracción de visitantes e unha forma de coñecer a nosa comarca é algo impagable.

Este domingo, aproveitando ademais o 8M, Día da Muller, deuse o pistoletazo de saída ao novo curso. Foi ademais coa mellor marca de inscritos, case un milleiro de persoas, dos que participaron finalmente preto de 800. A proba raíña segue a ser a 10K, con 326 participantes, polos 185 da 3K, participando o resto nas categorías de base.

A xornada serviu para gardar un minuto de silencio polo falecemento (en decembro) de Jesús Bernal, un corredor incansable que participaba asiduamente nas carreiras do circuíto. Ademais estreouse o novo patriño, Jorge Lariño, un dos mellores atletas da comarca nas últimas décadas.

No deportivo non houbo sorpresas. Os gañadores na categoría absoluta foron Alejandro Pardo e Tina Fdez, ambos actuais Campións do Circuíto 2025 e que parece que van a seguir dominando neste 2026. Por detrás quedaron Jaci Mello e Dani Fuentes en masculina e Antía García e Alba Raso.

Carreiras do Circuito 2026

Quedan por diante outras 9 Carreiras:

  • CAMARIÑAS 08-03-2026.
  • VIMIANZO 12-04-2026.
  • CONCELLO DE ZAS 25-04-2026.
  • MAZARICOS 10-05-2026.
  • DUMBRIA 23-05-2026.
  • MUXIA 21-06-2026.
  • CEE (NOCTURNA) 18-07-2026.
  • CORCUBION 05-09-2026.
  • DAS AREAS CARNOTA 27-09-2026.
  • FISTERRA 11-10-2026.

Comentarios