martes. 14.04.2026
El tiempo

A segunda cita do Circuito Correndo pola Costa da Morte atravesou o Val de Soneira

Saida da Carreira en Vimianzo-Foto-Correndo pola Costa
Saida da Carreira en Vimianzo-Foto-Correndo pola Costa
A segunda cita do Circuito Correndo pola Costa da Morte atravesou o Val de Soneira

Máxima expectación este pasado domingo na XIV Pedrestre Concello de Vimianzo. A segunda cita, despois da camariñá, do Circuito Correndo pola Costa da Morte e do XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña acollía a presenza de preto de 700 participantes. Case un 70% dos inscritos non sucumbrion ao ameazante tempo, que deixou momentos de chuvascos, pero un tempo ideal para a práctica do atletismo.

Ana Martínez, ganadora da proba de 10K en Vimianzo
Elena Veres, gañadora da proba de 3K en Vimianzo

A carreira 10K foi a máis numerosa con 280 participantes, gozando da chaira do val de Soneira. Nesta proba raíña, os gañadores foron Alejandro Pardo e Ana Martínez, por diante de Fran Pas e Jaci Mello en masculina e Elena Miguens e Ainoa Fdez. en feminina.

Ademais, en 3K venceron Carlos Fraga e Elena Veres, e completaron os poidos Luís Miguel Feito, Ana Martínez, Damián Álvarez e María Tarrío.

Fran Pais Alejandro Pardo e Jaci Mello Ganadorao da proba masculina de 10K de Vimianzo
Fran Pais, Alejandro Pardo e Jaci Mello coparon o podio da proba masculina de 10K de Vimianzo

Por suposto, a carreira de Pitufos foi a que máis atención focalizou con ducias de familias, que logo quedaron pola comarca, vendo ás súas crianzas.

Non houbo que destacar ningún incidente durante a proba, gracias á boa organización.

Vindeiras probas do Circuito Correndo pola Costa

  • CONCELLO DE ZAS 25-04-2026.
  • MAZARICOS 10-05-2026.
  • DUMBRIA 23-05-2026.
  • MUXIA 21-06-2026.
  • CEE (NOCTURNA) 18-07-2026.
  • CORCUBION 05-09-2026.
  • DAS AREAS CARNOTA 27-09-2026.
  • FISTERRA 11-10-2026.

Comentarios