O PPdeG solicitará en Bruxelas o desbloqueo de fondos europeos para paliar os efectos das eventualidades climáticas e naturais no sector agrogandeiro galego

O eurodeputado Adrián Vázquez durante a visita que realizou á explotación gandeira Carreira de Afonso nas Abeleiras (Mazaricos) xunto á responsable de Medio Rural do Goberno galego, María José Gómez, o deputado autonómico Enrique Barreiro e o portavoz local do partido, José Manuel Caamaño.

 

  • A xunta incide en que os seguros agrarios seguen sendo as mellores fórmulas

Despois da visita do BNG a unha granxa de Mazaricos, esta pasada mañá de luns unha delegación do PP de Galicia visitaba outra explotación gandeira mazaricá para coñecer a situación polas perdas provocadas pola borrasca exKirk. 
O Partido Popular de Galicia asegurou que en Bruxelas o desbloqueo dos fondos europeos destinados a cubrir a afectación no sector agrogandeiro dos desastres climáticos e catástrofes naturais para estender a súa cobertura aos agricultores e gandeiros galegos ante as diferentes eventualidades que poidan sufrir.

Vázquez fíxose eco da problemática que supón a baixa cobertura das pólizas de seguros no sector agrogandeiro e destacou que, tras a recentes inundacións en diversos países de Europa central, a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen, vén de anunciar unha flexibilización da normativa para garantir que os fondos comunitarios poidan mobilizarse de forma rápida para apoiar aos Estados membros afectados por desastres climáticos e catástrofes naturais.

Unha proposta na que se comprometeu a incluír as problemáticas específicas dos agricultores e gandeiros galegos, que perderon a metade da colleita de millo, fundamental para a forraxe, para que poidan beneficiarse da extensión da cobertura destes fondos e minimizar así o impacto das diferentes eventualidades que poidan sufrir.

 

Cubrir gastos

Pola súa banda, a responsable de Medio Rural do Goberno galego, María José Gómez, lembrou que o seu departamento está traballando co sector para avaliar as consecuencias do temporal no campo. Para iso, sinalou, xa se levaron a cabo diferentes reunións con organizacións profesionais agrarias e coas cooperativas agroalimentarias.

Nesta liña, Gómez insistiu na importancia dos seguros agrarios como mellor fórmula para facer fronte a este tipo de situacións e reiterou o compromiso do Goberno galego para impulsalos, mediante liñas de axuda para o seu fomento.

 

Máis novas