Últimos días para inscribirse no VI Campus de Fútbol de Mazaricos

Mazaricos celebra a sexta edición do seu Campus de Fútbol entre o 10 e o 21 de xullo. O prazo de inscrición pechará o vindeiro xoves, 29 de xuño.

Poden participar nenas e nenos entre os 5 e o os 14 anos de idade, inclusive. O horario será de 10 a 13:30h, de luns a venres.

Un ano máis, o programa incluirá a práctica do fútbol e convidará ás nenas e nenos participantes a xogar en equipo, promovendo a convivencia, a deportividade e os valores asociados a esta modalidade. O custo do Campus será de 40 euros no caso das nenas e nenos censados en Mazaricos, e de 50 para aquelas nenas e nenos que non se atopen empadroados na localidade. Ademais, as xogadoras e xogadores do Mazaricos CF contarán cun desconto de 10 euros. O prezo inclúe en todos os casos a roupa necesaria para o adestramento.

A inscrición pode realizarse nos teléfonos 981 86 71 04 ou 649 864 393.

Un ano máis, o Campus está organizado polo servizo de Deportes do Concello de Mazaricos, xunto co Mazaricos CF. Conta co patrocinio de Piensos Alborés.