Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Usuari@s de Adisbismur gozan do mar a bordo do Laión

Usuari@s de Adisbismur gozan do mar a bordo do Laión
Usuarios de Adisbisnur gozando da travesia no veleiro Laion 2 Usuarios de Adisbisnur gozando da travesia no veleiro Laion O veleiro Laion da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) continuou a súa singradura pola costa do país na ría de Muros, atracando os días 9 e 10 de xullo, e ofrecendo a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación a persoas con discapacidade. Dous días marabillosos para a familia de Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR), pois os seus usuarios puideron realizar diferentes travesías pola ría e disfrutar así do seu mar. Xa son 16 os anos que este veleiro, que foi incautado ao narcotráfico, navega polas rías galegas con persoas con discapacidade a bordo. A finais de xuño iniciaba o seu periplo en Ribadeo para dar paso aos bautismos de mar en A Coruña que, xunto coa actividade en Camariñas e Muros no mes de xullo, van permitir que preto de 180 persoas, distribuídas en quendas de 8 persoas por travesía, teñan a oportunidade de participar da navegación durante tres horas polas rías galegas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-mar-na-escola-bate-as-suas-marcas-con-mais-de-400-nens-xogando-co-vento/ https://quepasanacosta.gal/adisbismur-sobese-ao-veleiro-accesible-laion-de-cogami/ Usuarios de Adisbisnur gozando da travesia no veleiro Laion 2 Usuarios de Adisbisnur gozando da travesia no veleiro Laion

Comentarios