20 números de cultura muradá a través da rede
Chega ao número 20 a Revista dixital The Muros Times. Xa van case dous anos dende a súa creación, sempre coa intención de recoller a todo o que teña que ver ca arte e cultura do concello muradán.
Un proxecto artellado dende Muros e dende a diáspora muradá, con numerosos colaboradores que permiten encher 40 páxinas mensuais de información interesantísima. Baixo a dirección de Jorge Lago Rama, e a edición de Manuel Lago Álvarez, este número trae artigos de todo tipo: que se as copla locais de Manuel Formoso Luces, un antigo roubo eclesiástico de Manuel Lago, unha carta aos reis de Amado Barrera, un repaso á nosa xente da man de Paquiño de Chema, un apunte fotográfico con José Sendón Caamaño, ou unha sobre a neve en Muros de Alianza Uhia. Así 40 páxinas cheas de cultura.
Boten un ollo, boten:
Máis información
Novas relacionadas
- Un conversa muradá.
- The Muros Times arrinca o 2014 dende as bibliotecas e escolas do Concello.
- The Muros Times saca o seu número de Nadal.
- The Muros Times supera os 5.000 lectores e quere medrar.
- Un novo número da revista “The Muros Times” xa está na rede.
- A bitácora da semana (CLXXXIX): Grupo de Facebook I love Muros.
- Patrimonio, historia e actualidade para unir Muros coa diáspora a través da rede.
- 23-04-13: Nace The Muros Times para abrila fiestra entre a Costa da Morte e a diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).