sábado. 10.05.2025
El tiempo

20 números de cultura muradá a través da rede

20 números de cultura muradá a través da rede
Revista Cultural The Muros Times N20

Chega ao número 20 a Revista dixital The Muros Times. Xa van case dous anos dende a súa creación, sempre coa intención de recoller a todo o que teña que ver ca arte e cultura do concello muradán.

Un proxecto artellado dende Muros e dende a diáspora muradá, con numerosos colaboradores que permiten encher 40 páxinas mensuais de información interesantísima. Baixo a dirección de Jorge Lago Rama, e a edición de Manuel Lago Álvarez, este número trae artigos de todo tipo: que se as copla locais de Manuel Formoso Luces, un antigo roubo eclesiástico de Manuel Lago, unha carta aos reis de Amado Barrera, un repaso á nosa xente da man de Paquiño de Chema, un apunte fotográfico con José Sendón Caamaño, ou unha sobre a neve en Muros de Alianza Uhia. Así 40 páxinas cheas de cultura.

Boten un ollo, boten:



Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios