Mércores. 24.04.2024
El tiempo

The Muros Times supera os 5.000 lectores e quere medrar

The Muros Times supera os 5.000 lectores e quere medrar
The Muros Times n7

40 páxinas e máis de 20 redactores trae este nçumero do mes de novembro a revista "The Muros Times". Esta fiestra aberta á historia de Muros, que nacía a través da rede, segue achegando mundos, e facendo partícipe á diáspora, da vida cotiá muradana.

E non lle chega o espazo de todas as colaboracións coas que conta! De feito, a editorial ten que ir na última páxina, e nela explica a avalancha de propostas coas que conta para publicar, ademais de falar dos 5.000 lectores cos que conta a revista online.

Interesantes sempre esas recollidas das xentes que viven fóra, eses emigrantes que seguen tendo Muros no corazón, e tamén na cabeza. Este mes a revista marcha ata Alicante para coñecer a Ramona León Caamaño; ata Alcalá de Henares con Pili González; ata Lanzarote con Segundo García ou ata Cáceres co fillo da Cabicha.

Pero tamén mira para dentro e recupera persoeiros importantes na vida social muradana como Juan José Martínez Fernández, o xogador de xadrez David Lariño Nieto, ou o párroco José Manuel Pan Lago.

Hai tamén interesantes artigos que recuperan anacos da nosa historia, coma os castros; outros que chegan en clave de actualidade como un sobre o "bullyng", ademais de traer artigos sobre saúde.

The Muros Times n7 Diaspora

Destaca tamén a reseña sobre os fotógrafos muradáns e esta semana a protagonista é Nieves Formoso Vidal.

The Muros Times n7 Nieves

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios