25N: Muros instalou un Punto de Sensibilización no Curro da Praza

Repasamos as citas municipais que os nosos concellos artellaron arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

Facemos parada no Curro da Praza, en Muros, onde Concellería de Muller e Igualdade organizou unha concentración, ademais da instalación dun Punto de Sensibilización de 11:00 a 13:00 horas, coa colaboración de Adisbismur e a Deputación da Coruña.

“Unha xornada de concienciación para dicir ben alto que non podemos dar pasos atrás na loita contra a violencia de xénero”, afirma Maruxa Martínez, concelleira de Muller e Igualdade.

Outras citas do 25N