martes. 25.11.2025
El tiempo

25N: Igualdade e cultura danse a man na Casa do Pendón

CABANA -25N 3
25N: Igualdade e cultura danse a man na Casa do Pendón

Repasamos as citas municipais que os nosos concellos artellaron arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E as de Cabana sempre son moi especiais, pois adoitan ser as propias mulleres do termo municipal as protagonistas, sempre coa música como fío condutor. 

Neste 2025, a Casa do Pendón volveu acoller un acto que maridou igualdade e cultura. No evento participaron integrantes da Asociación Íntegro, a poeta cabanesa Matilde Vilariño, alumnado da Escola Municipal de Teatro, a psicóloga Teresa Vilanovae a agrupación musical Son de Cabana.

A xornada pechouse coa actuación de Iria Estévez, quen puxo o broche final a un acto no que o alcalde fixo entrega dun agasallo a cada persoa participante.

CABANA -25N
Iria Estévez

CABANA -25N 4

CABANA -25N 2

Comentarios