25N: Muros instalou un Punto de Sensibilización no Curro da Praza
15:57 25/11/25
Repasamos as citas municipais que os nosos concellos artellaron arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Facemos parada no Curro da Praza, en Muros, onde Concellería de Muller e Igualdade organizou unha concentración, ademais da instalación dun Punto de Sensibilización de 11:00 a 13:00 horas, coa colaboración de Adisbismur e a Deputación da Coruña.
“Unha xornada de concienciación para dicir ben alto que non podemos dar pasos atrás na loita contra a violencia de xénero”, afirma Maruxa Martínez, concelleira de Muller e Igualdade.

