43 fotógrafos descubriron os detalles de Muros no Rali do Espírito Santo

O primeiro Rali fotográfico Espíritu Santo 2013 do Campo de Cortes, en Muros, artellada pola ACRDM O Rumial, celebrouse o pasado domingo como actividade previa ás Festas, que se celebrarán ao longo destes sábado 18, domingo 19 e luns 20. A primeira edición deste Rali fotográfico aporta uns números que animan á organización a seguir adiante, pois foi un éxito total polo que desde o Rumial só pode dar as gracias a tódolos participantes. Foron un total de 43 fotógrafos participantes, que enviaron 308 imaxes, sendo 122 da categoría reflex, 59 de cámaras compactas, 64 de categoría especial de series, e 63 de menores de 14 anos, o que dá conta que a cantaiera fotográfica de Muros está ben traballada.
A saída foi arredor das 10:00. A esa hora empezaron a chegar os fotografos das distintas categorías, recolleron as suas credencias e as 11:00 saíron a fotografar todo o que se movía por Campo de Cortes. Para darlle un pouco de emoción ó evento, na primeira parada na "eira darriba" sailles un can destes de tamaño considerable e ladrido potente, pero xa se sabe que can ladrador... Unha vez que os participantes baixaron as pulsacións continuaron con recorrido: eira do lugar, fonte, cruz da pedra, capela de San Marcos. Só había que velos paseando "a paso de fotógrafo", isto é: das un paso e retrocedes tres, pero pouco a pouco as tarxetas foronse enchendo de instantáneas do lugar. Nas fotos presentadas o concurso podemos topar varias técnicas de traballo (HDR, traballos con texturas, B/N, desaturado selectivo, enfoque selectivo, velocidades lentas de obturación, zooming, etc.), temáticas (paisaxe, macro, retrato, etc.). En resumo a maioria dos artistas aportaron o seu selo personal, deixándonos ver xa os nomes das series que van a competir nesta categoría: CDC boy´s, Portas, Ao Sol, Xente CDC, Jatos, Apaños, A luz e a flor ou Pés de pedra.

Festas e actividades durante a fin de semana

Todas estas fotos proxetaranse durante as festas desta fin de semana, citas ás que hai que engadir que o sábado organizan unha Xornada de Limpeza de praias Memoria Suso Pais, o domingo unha carreira pedestre e un partido solteiro contra casados e o luns xogos e hinchables para todos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota da ACRDM O Rumial.