Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa

Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa
Maraton Ramón Caamaño de Muxía 2012

Xa temos as fotos gañadoras do III Maratón Fotográfico Ramón Caamaño, que artella o Concello de Muxía. Un xeito de recuperar o nome do fotógrafo máis famoso da historia da Costa da Morte e un dos máis recoñecidos de Galicia, e de paso dar a coñecer as marabillas do noso territorio.
Ademais, a proposta conta coa colaboración da Asociación Muxía Turismo Natural, polo que a metade dos premios eran para as series máis bonitas realizadas sobre as casas rurais do concello.

O xurado estivo presidido polo Alcalde Félix Porto, coa Concelleira de Cultura Amparo Baña, os fotógrafos Ana García e Marcos Rodriguez (este último gañador do I Maratón Fotográfico Ramón Caamaño e coñecido como "SCD") e os representantes da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, Lolo Sambad e Jesús Trillo. E foron eles os que escolleron estas marabillas, todas de fotógrafos da zona.

Gañadores Tema A - Libre

Segundo Premio Maraton Ramon Caamano de Muxia 2012- A esfolla dos Espitaleiros de Eduardo Verdes Pereira

- 1º premio (800 €) - "Reflexos na Barca", de Antonio Amboade Vázquez, de Cee.

- 2º Premio (400 €) - "A esfolla dos Espitaleiros", de Eduardo Verdes Pereira, de Laracha.

- 3º Premio (fin de semana en casa rural) - "O gardián da noite" de Moisés López Montero, de Viseo, Muxía.

Terceiro Premio A - Foto de Moisés no Faro Touriñán

E levaron sendos accesits (fin de semana en casa rural) as fotografías "Río Negro" de Eduardo Verdes (Laracha) e "Pescando en Moreira" de Alberto Pose Lagoa (de Morpeguite, Muxía).

Accesit do Maraton Ramon Caamano de Muxia 2012-Alberto Pose Lagoa

Gañadores Tema B - Casas de Turismo Rural

Segundo Premio B do Maraton Ramon Caamano de Muxia 2012-Foto-Juan Louro- Serie da Casa Ceferinos de Juan Louro

- 1º premio (800 €) - Gustavo González Rodriguez, de Muxía.

- 2º premio (fin de semana en casa rural) - Juan Luis Louro Cambeiro, de Ézaro.

- 3º premio (fin de semana en casa rural) - Antonio Amboade Vázquez, de Cee.

E un accesit (fin de semana en casa rural) - Moisés López Montero, de Viseo Muxía.

Terceiro Premio B - Antonio Amboade na Casa de Trillo

Máis información


Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios