Venres. 04.10.2024
El tiempo

43 fotógrafos descubriron os detalles de Muros no Rali do Espírito Santo

43 fotógrafos descubriron os detalles de Muros no Rali do Espírito Santo
Un participante no Rali Fotografico de Muros O primeiro Rali fotográfico Espíritu Santo 2013 do Campo de Cortes, en Muros, artellada pola ACRDM O Rumial, celebrouse o pasado domingo como actividade previa ás Festas, que se celebrarán ao longo destes sábado 18, domingo 19 e luns 20. A primeira edición deste Rali fotográfico aporta uns números que animan á organización a seguir adiante, pois foi un éxito total polo que desde o Rumial só pode dar as gracias a tódolos participantes. Foron un total de 43 fotógrafos participantes, que enviaron 308 imaxes, sendo 122 da categoría reflex, 59 de cámaras compactas, 64 de categoría especial de series, e 63 de menores de 14 anos, o que dá conta que a cantaiera fotográfica de Muros está ben traballada. Unha participante no Rali Fotografico de Muros A saída foi arredor das 10:00. A esa hora empezaron a chegar os fotografos das distintas categorías, recolleron as suas credencias e as 11:00 saíron a fotografar todo o que se movía por Campo de Cortes. Para darlle un pouco de emoción ó evento, na primeira parada na "eira darriba" sailles un can destes de tamaño considerable e ladrido potente, pero xa se sabe que can ladrador... Unha vez que os participantes baixaron as pulsacións continuaron con recorrido: eira do lugar, fonte, cruz da pedra, capela de San Marcos. Só había que velos paseando "a paso de fotógrafo", isto é: das un paso e retrocedes tres, pero pouco a pouco as tarxetas foronse enchendo de instantáneas do lugar. Nas fotos presentadas o concurso podemos topar varias técnicas de traballo (HDR, traballos con texturas, B/N, desaturado selectivo, enfoque selectivo, velocidades lentas de obturación, zooming, etc.), temáticas (paisaxe, macro, retrato, etc.). En resumo a maioria dos artistas aportaron o seu selo personal, deixándonos ver xa os nomes das series que van a competir nesta categoría: CDC boy´s, Portas, Ao Sol, Xente CDC, Jatos, Apaños, A luz e a flor ou Pés de pedra. Participantes no Rali Fotografico de Muros

Festas e actividades durante a fin de semana

Todas estas fotos proxetaranse durante as festas desta fin de semana, citas ás que hai que engadir que o sábado organizan unha Xornada de Limpeza de praias Memoria Suso Pais, o domingo unha carreira pedestre e un partido solteiro contra casados e o luns xogos e hinchables para todos. Festas Espirito Santo Cortes de Muros 2013

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios