A festa da fotografía celebrouse en Muros

Non foi en clave de verbena, nin se querera houbo sesión vermú. Pero a Festa da Fotografía tiña lugar en Muros esta fin de semana, da man da Asociación “O Rumial” do Campo das Cortes. Despois de realizar o durante o mes de agosto o Curso de Perfeccionamento en Fotografía Dixital, impartido por Mino Andrade, o cumio era o “II Ralli Fotográfico Espíritu Santo – Campo de Cortes”.

Se o ano pasado buscaban os detalles do casco vello, este 2014 o Rallie ten como tema foi a “Ruta de Sendeirismo Espiritu Santo-Jallambau”. Por aló, de camiñada foron os participantes de todas as idades no Rallie, disfrutando e sacándolle todo o proveito á beleza natural da nosa paisaxe.

A ruta rematou cuns petiscos ao aire libre, gozando da gastronomía local e do bo tempo!

En exposición

As imaxes exporanse no Pozo do Cachón durante todo o sábado 20 de setembro e realizando a entrega de premios as 20:30h cando remate a exposición dos traballos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).