Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Pedestre do Espírito Santo abriu un mes de Carreiras pola Costa

A Pedestre do Espírito Santo abriu un mes de Carreiras pola Costa
Carreira Pedestre Espirito Santo 2014

Tempo estival e chegan as carreiras á Costa da Morte. Hai pouco vimos como máis de 200 atletas participaban na I Carreira Pedestre de Ponteceso. Esta fin de semana tocou Muros, e en breve o farán en Zas, Carballo e Cee. Pero antes, repasamos a proba muradá, oorganizada pola Asociación C.R.D.M. RUMIAL de Campo das Cortes e ca colaboración do Concello de Muros e varias casas comerciales a beneficio de Caritas Parroquial de Muros.

A V Edicion da Carreira Pedestre Popular Espiritu Santo celebrouse o pasado domingo. Unha proba solidaria, pois a inscripción na proba consistía na aportación por cada corredor de 1Kg de comida non perecedeira. A organización puido doar un total aproximado de 400kg de comida dado que moitos participantes aportaron mais de 1 kg de comida, e uniuse tamén xente anonina, que aínda que non participaron na proba, quixeron colaborar ca causa solidaria.

Nesta edición consigueuse a mellor marca de participación xa que se inscribiron un total de 115 corredores na categoría absoluta e 75 nenos nas distintas categorías menores. Nesta edición ademais organizouse una “andaina” por parte do percorrido da carreira absoluta a que su sumou un importante número de paticipantes.

No aspecto meramente deportivo, o corredor muradán Manu Dosil foi o campión da categoría absoluta, que contaba ca particiapacion de atletas de toda Galicia dun alto nivel competivo. Foi a tamén local Dolores Brea a gañadora da proba en categoría feminina. A categoría su-23 foi gañada polo muradán Pablo Monteagudo, que demostrou por que é o actual campión galego de 3000 mts na categoría cadete.
Ademais, as categorías inferiores fon gañadas por corredorres locais mentres as de infantil e cadete foron gañadas por corredores chegados de outros puntos da bisbarra.

Os muradans Manu Dosil e Dolores Brea campions da Carreira do Espirito Santo

Carreira en Zas

O vindeiro 1 de xuño vai ter lugar a 1ª Carreira Pedestre Concello de Zas, que forma parte do Circuito de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte. Dende Pitufos ata Veteranos poderán correr polas rúas da vila soneirá. Xa podes ir formalizando as Inscricións en www.concellodezas.org e na plataforma www.championchipnorte.com.

Carreira Popular de Zas 2014

Carreira en Carballo

IV Carreira Popular de Carballo 2014 E xa está en marcha a IV Carreira Popular de Carballo, que se celebrará o domingo 15 de xuño dende a Praza do Concello.

Carreira en Cee

Carreira Pedestre Cee 2014

A de Cee realizarase o vindeiro sábado 21 de xuño pola tarde, con saíde ás 17:00h dos pitufos e ás 19:30h dos maiores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios