Detido un muradán tras roubar nunha tenda

Unha noite da pasada semana un veciño foi detido como presunto autor dun delito de roubo. Foi o xerente dunha tenda de alimentación o que chamaba á Garda Civil para denunciar o roubo. Os axentes de Outes acodían, comprobando que a porta do local fora violentada, e que a caixa rexistradora fóra manipulada.

A poucos metros da tenda estaba o caixón da caixa rexistradora, danado e con manchas de sangue, ademais de moitas moedas esparexidas polo chan.

Os axentes continuaron a busca e pouco despois atoparon un individuo, que coincidía co perfil da denuncia, que estaba sangrando pola cabeza. Identificárono e o levaron ao PAC para atender a ferida. Foi despois cando lle preguntaron a esas horas da madrugada polas rúas. Ante as incoherentes respostas, os axentes acompañárono ao seu vehículo, onde o rexistraron atopando máis sangue, e unha carteira coa súa documentación que, segundo a súa versión, lle sustraeran durante unha suposta pelexa.

Os axentes detivérono como supuesto autor dun roubo.