mércores. 12.08.2026
El tiempo

"Gustavos", o novo libro de relatos do mestre Ramón X. Beltrán Carballeira

%22Gustavos%22, o novo libro de relatos do mestre Ramón X. Beltrán Carballeira
"Gustavos", o novo libro de relatos do mestre Ramón X. Beltrán Carballeira

Natural de Camariñas, pero criado en diversos puntos da provincia, o coruñés Ramón X. Beltrán Carballeira vén de publicar un libro de relatos coa Editorial Baía; o seu título é "Gustavos". O mestre no IES Fontexería de Muros lanza o seu segundo libro trala súa primeira novela "As palabras de Morfeo”.

Esta é a sinopse:

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.

Máis novas

Comentarios