luns. 10.08.2026
El tiempo

Esteiro únese pola reapertura da Ponte de Evaristo

Esteiro unido pola Ponte de Evaristo 1
Esteiro unido pola Ponte de Evaristo 1
Esteiro únese pola reapertura da Ponte de Evaristo

Este domingo, as 17:00h, a veciñanza de Esteiro xuntouse nos dous extremos da ponte de Evaristo para protestar polo seu peche, e para esixir un arranxo inmediato. “Esteiro Unido, Xamais será vencido” cantaban a veciñanza de Creo e o Maio dende cadanseu lado da ponte.

A veciñanza pediu a reapertura dunha ponte que tivo que ser pechada por un problema estrutural. Un peche que para a veciñanza é “consecuencia directa de anos de falta de mantemento das infraestruturas públicas”, que acaba pagando a veciñanza, o comercio e a hostaleria e os visitantes.

Esteiro Unido pola Ponte de Evaristo 4
Esteiro Unido pola Ponte de Evaristo 4
Esteiro Unido pola Ponte de Evaristo 25
A un lado e ao outro da ponte

No manifesto lido durante a concentración, recordaron que no pleno do 28 de maio afirmouse que a ponte fora revisada polos técnicos municipais. “Por iso resulta incomprensible que, apenas dous meses despois, en pleno mes de agosto e na época de maior afluencia de persoas ao noso concello, a infraestrutura teña que pecharse por motivos de seguridade”, lamentan.

I é que “a ponte de Evaristo non é un luxo nin un elemento decorativo. É unha conexión imprescindible entre Creo e Maio, utilizada cada día por persoas maiores, nenos e nenas, familias, deportistas, turistas e por toda a veciñanza que precisa acceder ao centro de saúde, aos comercios, á hostalaría, á praia, ao parque e a outros servizos básicos”.

A realidade é o seu peche provoca que haia que dar un rodeo duns 20 minutos para realizar desprazamentos que antes se facían en apenas uns minutos.

Por todo isto, e despis de criticar de novo a falta de mantemento, esixiron a “reparación e reapertura da ponte peonil de Evaristo coa máxima urxencia”, a aportación de información pública, clara e transparente sobre as causas do peche e os prazos previstos para a súa reapertura”, e “a posta en marcha dun plan real de mantemento preventivo das infraestruturas municipais para evitar que esta situación volva repetirse”.

Esteiro Unido pola Ponte de Evaristo 2

Esteiro unido pola Ponte de Evaristo

Comentarios