Dous muradáns detidos como presuntos autores dun roubo con intimidación na gasolineira do polígono

A Garda Civil de Muros e a Policía Local detiveron esta semana dúas persoas como supostos autores dun delito de roubo con intimidación nunha gasolineira da localidade.

Os feitos sucederon o pasado día 12 do actual cando dous varóns co rostro cuberto entraron no interior do establecemento da gasolineira e intimidaron á dependente sen portar ningún arma, conseguindo que esta lles abrise a caixa e así subtraer a cantidade de 1200€.

A Garda Civil iniciou unha investigación, que culminaba este 17, coa detención de dous varóns veciños da localidade de Muros como presuntos autores dun delito de roubo con intimidación. A Garda Civil puxo aos detidos xunto coas actuacións realizadas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Muros.