Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Fábrica de Sel acolleu a presentación do novo número da revista "Nova Ardentía”

Presentacion na fabrica de Sel w
A Fábrica de Sel acolleu a presentación do novo número da revista "Nova Ardentía”

A Asociación Mar de Muros realizaba esta pasada fin de semana a presentación do número 13 da revista “Nova Ardentía”. A Fábrica de Sel acollía a posta en marcha desta nova edición da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.

Emilio Insua, coordinador do equipo de redacción, Manuel Lara, da Asociación Buxa e colaborador da revista, Santiago Llovo, colaborador tamén da revista, Manuel G. Sendón, ex-presidente de Culturmar e presidente da AC Mar de Muros, e Pepe Sacau, membro tamén de Mar de Muros e actual presidente de Culturmar, debullaron as páxinas desta salgadada publicación.

Aproveitaron ademais para presentar o libro “Farol perpetuo na Néboa”, coa figura de Luís Rei como protagonista.

Presentacion na fabrica de Sel

Comentarios