Outro #MartesenLoita nos IES de Muros e Carnota. Unha lista de reivindicacións do profesorado

Martes en Loita no IES Fontexeria de Muros

Esta semana hai doble cita das Asembleas do Ensino Píublico na comarca. Carballo e Muros acollen sendas xuntanzas das comunidades escolares ao completo para seguir avaliando e denunciando a deixadez da Xunta para co ensino público.

Coas camisolas negras do #EnsinodeLuto, o profesorado do IES Fontexería, acompañado polo do IES As Insuas (os dous centros de secundaria muradáns) e do IES Lamas de Castelo de Carnota fixo unha paradiña técnica no marco deste movemento en centros de todo o país, para denunciar a inacción da Xunta tanto en materia de infraestrutruras como de persoal.

Aquí vai unha lista de reivindicacións: 

1.- DOCENCIA E ORGANIZACIÓN DO CENTRO:

  • O profesorado asume tarefas que están presentes no curriculum da LOMLOE sen ningún tipo de retribución: cuestións de igualdade, convivencia, PFPP, clubs de lectura, de teatro, de ciencias... Consideramos que é un lavado gratuíto de cara que lle facemos á Consellería.
  • Necesidade de flexibilidade horaria en algunhas materias
  • Máis tempo de titorías para mellorar a convivencia e resolución de conflitos
  • Departamentos de orientación desbordados e asumindo tarefas que non lle son propias
  • Horas insuficientes para levar a cabo os proxectos e coordinalos
  • Tardanzas en activar as substitucións ante unha baixa
  • Reclamamos unha formación real e práctica para atender as novas realidades dos centros

2.- RATIOS: os recortes progresivos no ensino feitos pola Consellería de Educación que deu en aulas masificadas, provoca:

  • Imposibilidade de traballar en laboratorios e talleres
  • Menos tempo de atención por alumna/o
  • Nenos/as con necesidades especiais especialmente desatendidos

3.- ALUMNADO NEAE:

  • Falta de recursos materiais específicos e de persoal cualificado

4.- NECESIDADE DE INCREMENTAR O PERSOAL DOCENTE:

  • Perda de oportunidades do alumnado nos centros pequenos: pouco profesorado significa menos oferta de materias optativas e itinerarios pechados no bacharelato
  • Tamén significa pouca oferta para o alumnado que opta por FP
  • Instauración da figura do psicólogo/a por IES e CEIP

5.- BUROCRACIA:

  • A carga burocrática non deixa de aumentar e na maioría das veces son tarefas duplicadas ou triplicadas e nada efectivas
  • Ese tempo resta ao traballo de preparación e innovación das nosas materias repercutindo na calidade do ensino recibido

6.- LABORAL:

  • Niveles de provisionalidade inadmisibles que impiden: creación de departamentos sólidos, falta de continuidade nos proxectos, readaptación das materias
  • Exceso de horas lectivas
  • Calendario escolar moi apretado
  • Eliminación das materias AFINS que supoñen moito esforzo do profesorado e menos calidade do ensino para o alumnado
  • Incapacidade de preparar prácticas en talleres e laboratorios por falta de tempo
  • Plans de formación non adaptados ao número de horas para realizalos.

 

Máis novas