O Montelouro - Muros, xa en #QPCtv

Equipo de locutores en QPCtv enAgra da Filgueira

Dende o Bar Sahorta, a apenas 1km do Agra da Filgueira, ata Suecia, pasando polo Mar do Norte ou Mallorca. O derbi muradán veuse en todas partes do planeta, e para os que non puidestes velo en directo, tédelo xa en #QPCtv. Un partido con todo: emoción, tensión, golazos, piques… Para gozar dende a casa!


Iago, porteiro do Montelouro, non puido xogar por estar traballando en Mallorca, pero o partido non o perdeu. Á dereita, o Bar Sahorta, de Louro, coa tele posta para ver o partido do seu pobo.


Santi Caamaño xogou na casa e vacilou canto puido


Juan Lois, goleador do Louro, e Ramón, goleador do Muros, pasaron polas entrevistas postpartido. Fermosa historia a de Ramón, que lle deidicou o gol a un amigo que estaba en Suecia vendo o choque