Muros acolleu os versos galegos do arxentino Antón Rey

Galego de terceira xeración. Pero galego de corazón. Así se define o poeta Antón Rey, nado en Bos Aires, pero de patria galega. Así o podemos comprobar lendo o libro que vén de presentar en Muros, "Son Galego", todo un acontecemento emocional e cultural de primeira magnitude no concello muradán. I é que volver á aldea do seu avó non se fai tódolos dúas. Fai xa moitos anos que Juan Antonio Rey Vara deixou a aldea de San Xián, na parroquia de Torea, para buscar a vida polo mundo adiante. Foi o seu avó o que mantivo ese lazo tan estreito entre Antón e Galicia, que a día de hoxe se convirte en poesía. Arrouparon ao autor e fixeron uso da palabra, entre outros, o novelista Suso de Toro e o Académico e Profesor Universitario Quique Monteagudo. Foi dinamizador e mestre de cerimonias Manolo M. Caamaño (Manolo Chuvasco), responsable da revista dixital The Muros Times; e pechou o acto a alcaldesa Caridade González. Ademais da emotividade, en todo momento a flor de pel, cómpre destacar a lectura duns poemas do autor por parte de Manuel María Pena e a actuación preliminar do grupo folclórico Faltriqueira, toda unha banda referencia no folk galego dende Muros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Quin Caamaño.