The Muros Times arrinca o 2014 dende as bibliotecas e escolas do Concello


Xa está na rúa (máis ben "na rede") o primeiro número do 2014 da revista The Muros Times (nº9). Esta fiestra aberta ao mundo dende Mundo, e dende o mundo a Muros, arrinca neste ano con moita forza.
De novo 40 páxinas completas de información, historia, cultura e unha ollada profunda á nosa diáspora. E iso que facía falta máis espazo, e quedaron artigos dos colaboradores de TMT por publicar, que terán saída nos vindeiros meses.
A redacción escribiu a súa carta aos reis, tendo como principal referente que a revista xa está chegando ás escolas e bibiotecas de Muros gracias ao empeño de Nieves Formoso Vidal. E á calidade dos contidos, por suposto.
Así que nos deixamos guiar pola grande estrela que é o "pobo de Muros" e a seguir afondando na historia recente muradá.
Máis información
Novas relacionadas
- The Muros Times saca o seu número de Nadal.
- The Muros Times supera os 5.000 lectores e quere medrar.
- Un novo número da revista “The Muros Times” xa está na rede.
- A bitácora da semana (CLXXXIX): Grupo de Facebook I love Muros.
- Patrimonio, historia e actualidade para unir Muros coa diáspora a través da rede.
- 23-04-13: Nace The Muros Times para abrila fiestra entre a Costa da Morte e a diáspora.
- O Muros mariñeiro viaxou no tempo.
- O Arquivo Histórico da USC dixitaliza documentos de Carballo, Corcubión e Muros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).