Muros, entre as 12 vilas de toda España que participarán no programa do Gran Prix da TVE

O pobo de Muros sairá na tele este verán. O programa da TVE, Gran Prix de Verano, anunciou esta pasada noite as 12 vilas que participarán na nova edición deste mítico espazo conducido por Ramón García.

Nesta 4ª edición dende o seu rescate para a grella, o programa invitaba a vilas de entre 3.000 e 10.000 habitantes. Un total de 1.034 pobos foron convidados a participar. Finalmente, 83 localidades pasaron á seguinte fase, na que tamén estaba Carnota, que mesmo fixo un videoclip, pero da última proba saíron as 12 que participarán nesta edición. Aí está Muros, e así o celebraban os responsables municipais: 

Ademais Muros, completan o elenco de vilas:

  • Altura (Comunidad Valenciana)
  • Balanegra (Andalucía)
  • Blanca (Murcia)
  • Cantalejo (Castilla y León)
  • Polinyà (Cataluña)
  • Pradejón (La Rioja)
  • Pravia (Asturias)
  • Quintanar del Rey (Castilla La Mancha)
  • San Juan de la Rambla (Islas Canarias)
  • Serranillos del Valle (Comunidad de Madrid)
  • Zumárraga (País Vasco)