No Cole de Esteiro, os conflitos se solventan con mediación

Mestres, alumn@s e pais e nais son os responsables do servizo de mediación no Cole de Esteiro

Que importante é a mediación nos conflitos. E iso paréceno ter claro no CEIP Ricardo Tobío de Esteiro onde están poñendo en funcionamento un servizo de Mediación. Toda a comunidade educativa está implicadísima nesta iniciativa, enmarcado no proxecto "Aprendendo a convivir”, impulsado pola ANPA para a mellora da convivencia no centro e a prevención de conflictos.

O profesorado do centro apoiou o desenvolvemento do mesmo e púxose en marcha o proxecto Así, durante o curso 2016-2017, levaronse a cabo varios obradoiros formativos para practicar as habilidades socio - afectivas e para sensibilizar en materia de mediación escolar. Estas actividades non só estiveron dirixidas ao alumnado, senon tamén ao profesorado e ás familias.

Este curso, o proxecto enfocouse á creación dun servizo de Mediación para o centro, que velará pola resolución pacífica dos conflictos que poidan xurdir no centro. Para iso, un grupo de alumnado de 5º e 6º de primaria, algunhas mestras e varias familias, participaron no Curso de Mediadores, o cal tivo unha duración de 25 horas. Un curso rematou o pasado venres 16, coa entrega de diplomas aos participantes.

Mediadores diplomados do Cole de Esteiro

O desenvolvemento deste proxecto está sendo guiado por Cristina Torrado e Reyes González. Ambas profesionais contan con un amplio currículo e unha extensa formación e experiencia en materia de mediación. Elas foron as encargadas de poñer en práctica os obradoiros e impartir o Curso de Mediación.

Toda a comunidade educativa traballou duramente para habilitar a sala de mediación no que era un antigo almacén do centro. Houbo moito traballo para valeiralo, quitar mobles vellos, pintar o cuarto e os estantes,... e así facer máis habitable a estancia.

Engalando o cole de Esteiro

Todo o alumnado do centro está facendo posters e debuxos para ambientar a sala de mediación. No terceiro trimestre o servizo poñerse en marcha coa finalidade de que os conflictos que xurdan no centro poidan ser resoltos de forma pacífica a través da mediación.

As representantes do grupo de mediación do alumnado tamén prepararon un video para dar a coñecer o servizo.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).