Noia rende homenaxe a Pico na súa Mostra de Curtas

A Mostra de Curtas de Noia, que chega este ano á súa XIV Edición, será un marco perfecto para render homenaxe a un dos grandes da escena galega que se nos foi. Falamos do esteirán Xosé Manuel Olveira "Pico", que falecía o pasado mes de xuño ante o estupor de todo o país.

Así, e trala entrega do Xograr de Ouro á familia no FIOT, desta volta será a Mostra de Curtas de Noia a que arrinque cunha gala de presentación que será unha homenaxe ao actor. A gala homenaxe será presentada polo seu veciño, o actor mazaricán Federico Pérez e nela proxectaranse pezas como "A Subela", "Doentes" e o documental "Profesión Actor".

Novas relacionadas

Fonte e máis información