Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Morre o actor esteirán Xosé Manuel Olveira “Pico”

Morre o actor esteirán Xosé Manuel Olveira “Pico”
Xose M. Olveira Pico no filme Retornos

Hoxe 13 de xuño de 2013, o teatro e a televisión galega perden un dos seus homes máis simbólicos. O actor de Esteiro, Muros, Xosé Manuel Olveira "Pico" falecía este xoves aos tan só 58 anos de idade por mor dun proceso de cancro que xa o mantiña alonxado dos escenarios. Toda a parroquia muradá e o mundo do teatro galego está conmocionado ante o falecemento do que fora presidente da Academia Galega do Audiovisual, deixando tras súa unha longa carreira no mundo das artes escénicas e un fondo compromiso co mundo da televisión e do cinema.

'Pico' era un rostro tan coñecido nas pantallas da TVG que a xente, na rúa, confundíao co seu personaxe en Pratos Combinados, a serie que o fixo coñecido en todo o país. Comezou como actor de teatro en 1972 e, desde entón, ten participado en máis de trinta obras de numerosas compañías (grupo Ditea, CDG, etc).

E foi recoñecido en innumerables ocasións. Aínda este ano recibiu o Premio ao Mellor Actor nos XVII Premios María Casares, os meirandes galardóns do teatro galego. E o ano pasado recibía o premio Augusta ao Mellor Actor no Festival de Braga pola súa participación na longametraxe Simbad".

Deixamos unha perla recollida da redenasa.tv:

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios