Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nova ordenación da dársena de Muros

Nova ordenación da dársena de Muros
Portos de Galicia anunciou hoxe no Diario Oficial deGalicia a adxudicación definitiva das obras de ordenación interior de atraques na dársena do porto de Muros. O presuposto de adxudicación é de 4.267.928,57 euros e o prazo de execución de doce meses. Con esta actuación mellórarase notablemente a capacidade e o número de amarres do porto de Muros. Con esta actuación preténdese ordenar a dársena central para o uso náutico recreativo e pesqueiro, mediante a creación de 229 puntos de atraque a pantalán dos cales 212 estarán destinadas a embarcacións náutico recreativas e tradicionais con esloras comprendidas entre 6 e 16 metros, e os 17 restantes a embarcacións mexilloeiras de 16 e 20 metros de eslora. Tamén se instalará un dique de abrigo aboiante para que a dársena central do porto poida albergar embarcacións amarradas a pantalán con suficientes garantías de seguridade. O proxecto tamén contempla a mellora das actuais instalacións existentes para a descarga das embarcacións pesqueiras. Para iso construirase unha nova rampla de descarga e rectificarase a pendente da outra rampla existente no peirao Este da dársena exterior. Finalmente, esta actuación contempla a humanización e acondicionamento do espigón interior do porto, que separa as dársenas interior e central, creando un paseo perimetral e un aparcamento de 102 prazas para os usuarios das novas instalacións náutico recreativas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Porto de Galicia.

Comentarios