Mércores. 24.07.2019
El tiempo

O Porto de Deportivo de Muros estará en marcha a antes do verán

O Porto de Deportivo de Muros estará en marcha a antes do verán

Portos de Galicia efectuará antes de finais deste mes o outorgamento da concesión para a xestión das novas instalacións nautico recreativas do municipio coruñés de Muros. Así o anunciou a pasada mañá do venres o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á infraestrutura construida polo seu departamento cun investimento de 3,6 millóns de euros.

Durán Hermida avanzou que a fin da tramitación da concesión permitirá a entrada en funcionamento das instalacións antes do verán. Deste xeito, poranse a disposición dos usuarios do sector náutico 212 novas prazas para embarcacións de eslora de entre 6 e 16 metros.

O proxecto executado incluíu ademais a ampliación da zona de abrigo, a través dun dique aboiante de formigón de 140 metros de longo. E tamén a reurbanización do contorno portuario e a creación dun aparcadoiro de 120 prazas.

Fonte

  • Nota de prensa de Portos.

Comentarios