O Proxecto Buserana muxián explicará a historia do congro no Muros mira ao mar
Logo de que técnicos do Concello de Muros se puxeran en contacto co Concello de Muxía, a través do Proxecto Buserana , mostrandose interesados polo traballo feito dende este proxecto como promoción da cultura mariñeira, especialmente o secado do congro, estableceuse unha colaboración para que o Concello de Muxía mostrara o proceso de secado do congro nas Xornadas de cultura mariñeira "Muros mira ao mar".
Así, o venres ás 19,00 da tarde, na fábrica de Sel de Muros, Xan Fernández Carrera e Antonio Paz Pardiñas expricarán o proceso de secado do congro, xunto con Socorro Leal,- de Muros- que falará do afumado.
Ademais o Concello de Muxía tamén colaborou nas xestións para a proxección da documental de Ricardo LLovo "Secando ao vento", e coa mostra de fotografías sobre o secado do congro, onde tamén se poderá ver a escultura Secadoiro de congro, de Viki Rivadulla e Rolando Barrientos.
A colaboración continuará en Muxía
Como parte desta colaboración entre ambos concellos, no Mercado das Rutas do mar de Muxía, en agosto, poderán ver unha recreación do afumado da sardiña, que aportará o Concello de Muros.
Novas relacionadas
- Muros prepárase para revivir o mar.
- O congro de Muxía puido secar ao sol de setembro.
- Muxía arrasa nos premios de Xestión Cultural co Proxecto Buserana e a Galería Mulleres.
- Muxía garda o seu Patrimonio Cultural Inmaterial no Proxecto Buserana.
Fonte
- Concello de Muxía.