Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Muros prepárase para revivir o mar

Muros prepárase para revivir o mar
Muros Mira ao Mar

Que importantes estas propostas que axudan a diversificar as comunidades mariñeiras. A pasada fin de semana estivemos nas Xornadas do Pindo Mariño e dentro de dúas estaremos no Encontro de Embarcacións Tradicionais do Freixo, na Serra de Outes. Pero antes temos que facer parada nun dos cascos vellos máis bonitos do país, que engalanado con redes, postos, exposicións... loce tremendamente fermoso e cun arrecendo a mar que abre o apetito, gastronómico e cultural.

Espectacular é ademais o o programa destas IX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros mira ao Mar” 2013. Os días 5, 6 e 7 de xullo deste 2013, e Muros tinguirase de mar a través de charlas, exposicións, concertos, obradoiros, gastronomía, mercado mariñeiro, teatro na rúa, pasarrúas, visitas guiadas, xogos populares, charlas, embarcacións tradicionais, certames e concursos, música en vivo…

A vila enteira engalánase de mercado mariñeiro e o ambiente, como comprobamos o ano pasado, é excepcional. Nin un só detalle se lles escapa aos veciños, o que permite que os visitantes se trasladen anos atrás no tempo.

Sen máis, repasamos o completo programa:

Charlas en Sel

  • Venres, 5 de xullo ás 19.15h: "A conservación do peixe: O secado do congro e o afumado da sardiña", con Xan Fernández Carrera, Antonio Paz Pardiñas e Socorro Leal.

Exposicións

En Sel (horario 11:00 - 13:00 e 18:00 - 21:00h):

  • Secado e Afumado, proxecto Buserana, concello de Muxía e concello de Muros.
  • Museo do Mar Etnolóxico de Noia.
  • Maquetas de embarcacións tradicionais, de Manuel González e Ramón Senande.
  • Exposición de Fotografía "Muros Mira ao Mar", Asociación Fotográfica de Muros.
  • Cunchas da nosa ría e mares do mundo, JM Formoso "Porrúa".
  • Carpintería de ribeira.
  • Concurso de Carteis das IX Xornadas de Cultura Mariñeira "Muros Mira ao Mar".

No Pozo do Cachón: (horario 11:00 - 13:00 e 18:00 - 21:00h):

  • Mostra muradana de Artesanía de Galicia.
  • Muros na Idade de Bronces.

Teatro de rúa

  • Venres, 5 de xullo:
    - No Varadoiro ás 21.00 h: Alas Circo, Bámbala.
    - No Viñal ás 13.00 h e ás 22.00 h: Quinquilláns, Ladróns de Sona.
  • Sábado, 6 de xullo:
    - No Varadoiro ás 21.00 h: Kanbahiota, Vaya Circo.
    - No Viñal: ás 12.30 h e ás 19.30 h: Quinquilláns, A Traizón e ás 22.00 h: Aquelando Teatro, Sardiña no fume.
    - Curro da Praza: ás 18.00 h: Peter Punk.
  • Domingo, 7 de xullo:
    - No Varadoiro: ás 19.00 h: Solo Guillermo Solo e ás 22.00 h: Manu Lago, Mánicus.
    - No Viñal ás 22.30 h: O fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira.

Concertos

  • Venres, 5 de xullo dende as 23.30 h: A BANDA DA BALBINA.
  • Sábado, 6 de xullo dende as 23.30 h: O SONORO MAXÍN.
  • Domingo, 7 de xullo dende as 21.15 h: SOTHECA (música tradicional de Costa de Marfil).

Obradoiros* e Mostras**

  • Na praza do Cristo:
    - Cestaría*.
    - Cerámica*.
  • Rúa Real:
    - Encaixe*
    - O pan*
    - Coiro*
    - Manualidades*
    - Maquillaxe*
    - Cabullería*
    - Sancosmeiros*
    - Adornos con teas*
    - Traballos de xoiería**
    - O afumado da sardiña*
    - Xoguetes con material de refugallo*.
  • Avenida Castelao:
    - Xogos populares
    - O pan*
    - Traballos de Pirogravado**
    - Pintura e decoración de tellas**
    - Extracción de mel e degustación de panais**
    - Construción de carozas de palla**.

Vídeo promocional

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios