Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía garda o seu Patrimonio Cultural Inmaterial no Proxecto Buserana

Muxía garda o seu Patrimonio Cultural Inmaterial no Proxecto Buserana
O alcalde de Muxía Félix Porto e a técnica de Cultura e responsable do proxecto, Viki Rivadulla, presentando o blog do Proxecto Buserana

Coma se da Furna da Buserana se tratase, Muxía quere salvagardar un dos seus meirandes tesouros no mellor dos lugares, a rede. É un verdadeiro pracer para a familia QPC presentar esta nova proposta de recuperación cultural a través da internet proposta dende o Concello de Muxía. I é que a idea nace dunha colaborada desta casa, Viki Rivadulla dende a súa Sala do Perello, que ademais, deulle o impulso definitivo a este blog tralo Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías impartido por QPC en Muxía.

Gracias á tecnica de cultura do Concello e tamén á colaboración do alcalde muxián, Félix Porto, nace este espazo na rede chamado Proxecto Buserana. Un blog, proxectobuserana.blogaliza.org, que completa o traballo que a Concellería de Cultura vén facendo dende o ano 2009. Esta pasada mañá de venres 18 de xaneiro, alcalde e técnica presentaban a idea públicamente.

Proxecto Buserana, un proxecto participativo

Pincha na imaxe para ir ao blog proxectobuserana.blogaliza.org

O Proxecto Buserana, que xa fora presentado ao público no 2009, é un proxecto pola posta en valor e salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial de Muxía.
É ademáis un proxecto participativo, co que se pretende que colaboren os veciños que así o desexen (xa o están a facer), e no que xa colaboraron os centros educativos e os establecementos de Muxía (nunha recollida de vocabulario), percebeiros de Muxía que están colaborando para facer o mapa de microtopónimos, moitos veciños e veciñas cedendo fotos familiares para a Galería fotográfica do blog.
De feito, xa hai escaneadas arredor de 1000 fotografías, que se irán colgando no blog pouco a pouco, formando galerías introducidas cun poema dun autor muxián.

O blog estrutúrase en páxinas (que poden ir aumentando según o que vaian enviado as persoas que queiran colaborar). Hai páxinas que falan da relación de Muxía co Camiño, da importancia do mar, do proceso do secado do congro, da maneira de falar dos muxiáns, da gastronomía, das lendas, de veciños que deixaron pegada importante na comunidade muxiá, un mapa de microtopónimos, etc…
A bitácora será un espazo vivo, un espazo onde cada 15 días Viki irá complentando coa información achegada polas colaboracións, como un exemplo, e de calidade tremenda, como é a do historiador José Enrique Benlloch, e na que pretendemos ir colgando máis colaboracións e artigos .

Definindo a personalidade muxiá polas escolas

O obxectivo principal de todo esto é definirnos como comunidade, poñer en valor todo o que nos define e que nos fai ser como somos, explica unha Viki tremendamente ilusionada cun proxecto que tamén chegará aos centros educativos, utilizando o blog como ferramenta didáctica para achegar aos rapaces á cultura inmaterial.

Máis información

Dende o Concello muxián queren agradecer a colaboración de tódalas persoas que están aportando algo, e fan un chamamento a colaborar a todos os que queiran enviar fotografías, contos, lendas, adiviñas, descricións, ideas, videos, etc… o material pode enviarse a [email protected]

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios