Rescatados os 6 tripulantes dun pesqueiro de Corcubión na boca da Ría de Muros-Noia

Imaxe do barco "Reisiño"

Os seis tripulantes dun pesqueiro foron rescatados en bo estado despois de que o barco se afundise á entrada da ría de Muros-Noia. Trátase do Reisiño, un barco da Confraría de Muros cuios donos son de Corcubión. 

A embarcación traballaba nunha zona coñecida polo Casal, cando unha posible vía de auga provocaría que comezase a afundir, arredor das 8:30h. Os tripulantes foron rescatados da auga polo pesqueiro 'Do Mar', con base en Porto do Son, pero o barco foi a pique.

Até o punto mobilizouse á Salvamar Regulus que trasladou ao seis mariñeiros, que estaban en bo estado, pero nerviosos a causa do suceso, ao porto de Porto do Son, onde os esperaba unha ambulancia. Pola súa banda, o 112 Galicia alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.