Samuel L. París rescata a memoria literaria das rúas do seu Muros natal

Escoitar a Samuel L. París, polas rúas do seu Muros natal, xa ten que ser unha experiencia tremendamente interesante. Se ademais, é contando historias literarias que as vinculan coas súas obras e con outras alleas, no marco dun roteiro literario da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, xa é redondo.

O poeta muradán guiará o Roteiro literario “Os muros son coitelas”, este domingo 21 ás 9.04 da mañá.

En palabras do autor: 'Na mañá máis desesperanzadora, no día máis curto e cando xa nada importa; a luz sempre regresa. Percorrido pola desmemoria persoal que habita espazos e poemas, nunha fuxida que nos constrúe e nos derrota. Iso si: haberá café."

Inscrición

Hai un total de 15 prazas. A inscrición, de balde, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o seu nome. Na resposta a ese correo electrónico indicaráselles ás persoas inscritas o punto de saída.

Máis novas de Samuel